Iniciar sesión

Fondo libros/Axudas material escolar. Curso 2021/22

Prazo presentación solicitudes: 21/05/2021 - 22/06/2021

Orde do 6 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirrir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 21/22 (código de procedemento ED330B).

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DAS SOLICITUDES: 9 DE XULLO

IMPORTANTE: 

Dado que o centro implanta o Proxecto E-Dixgal en 1º da ESO para o curso 2021/22, nese curso non haberá fondo solidario de libros de texto, non obstante, poden solicitar a axuda para adquirir material escolar.