Skip to main content

Xornada de portas abertas

O director recibe ao alumnado nas xornadas de portas abertas

O pasado xoves, 24.01.2019, dentro do programa de transición de Primaria a Secundaria, desenvolvemos a actividade da Xornada de Portas Abertas 2019, para o alumnado dos centros adscritos.

Tivemos a visita de 36 alumnas e alumnos (19 do CEIP San Salvador e 17 de CPR San Fermín), acompañados polos seus profesores e profesoras, polo presidente da ANPA de San Salvador, Maricarmen da ANPA do IES de Teis e tres membros das familias do alumnado,

Polas expresións do alumnado á saída, consideramos que foi todo un éxito; algúns e algunhas non querían marchar.

Parabéns ao equipo docente de 1º da ESO, que baixo a titoría da profesora Maite, levades facendo un moi bo traballo; no particular cos alumnos Adrián e Sandra, que fixeron o acto de benvida de xeito extraordinario.

Invitamos ás familias, que non puideron vir neste día, para que nos visiten nos vindeiros días e coñezan os recursos, o bo facer e a experiencia do IES de Teis en prol do ensino.

Deixámosvos unhas fotos do acto.

 

Galería de imaxes do evento

Xornada portas abertas 2019 Xornada portas abertas 2019 Xornada portas abertas 2019

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License