Skip to main content

Xornada de mobilidades Erasmus+

Xornada de mobilidades Erasmus+

Os pasados días 18 e 19 de setembro tiveron lugar as "Jornadas de Movilidad Erasmus+ de Formación Profesional. Proyectos de movilidad acreditados y de corta duración de estudiantes y personal de Formación Profesional (KA121-VET y KA122-VET) para la Convocatoria Erasmus+ 2023", organizadas polo SEPIE (Servicio Español para a Internacionalización do Ensino), dependente do ministerio de Universidades.

O noso centro é centro acreditado dentro do programa Erasmus+ 2021-2027 e está levando a cabo as mobilidades correspondentes á convocatoria de 2023.

A coordinadora de Proxectos Internacionais do noso centro, Vanesa Resúa Eiras, asistiu a estas xornadas celebradas en Xixón, para coñecer de primeira man o funcionamento deste tipo de proxectos dirixidos ao noso alumnado de formación profesional de ciclos básicos e medios. Magnífica experiencia!

 

Imaxes do curso

Xornada de mobilidades Erasmus+ Xornada de mobilidades Erasmus+

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License