Enviado por admin o Xov, 09/02/2023 - 09:53
O pasado xoves 1 de febreiro tivemos xornada de portas abertas no IES de Teis. Recibimos o alumnado de 6.° de primaria dos nosos centros adscritos, San Salvador e San Fermín.
A ilusión coa que eles reparaban en todo foi a mesma coa que nós lles ensinabamos as nosas instalacións. Aquí deixamos algunhas fotos da súa visita á biblioteca. Agardámosvos!
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License