Skip to main content

Visita a Gradiant

<br />
    Visita a Gradiant

O luns día 6 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de DAW da quenda de ordinario (xunto con algunhas persoas de DAW para persoas adultas e curso de especialización) despreazáronse ao centro tecnolóxico Gradiant. Nesta visita puideron coñecer que se facía en Gradiant, cales eran os perfís que buscaban e visitar as súas instalacións, incluso houbo tempo para falar dalgún alumnado que en breve realizará con eles a súa Formación en Centros de Traballo.

Comentáronnos tamén a importancia que dan á visibilización de mulleres na tecnoloxía, polo que, como sucede no IES de Teis, a meirande parte das súas salas levan nomes de mulleres que fixeron unha contribución importante á tecnoloxía e, ademais, no seu blog teñen un apartado específico de mulleres tecnólogas que podemos consultar, constatando a necesidade de atraer a máis mulleres ao sector tecnolóxico.

 

Galería de imaxes do evento

Visita a Gradiant Visita a Gradiant Visita a Gradiant Visita a Gradiant Visita a Gradiant

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License