Enviado por admin o Lun, 25/09/2023 - 22:23
Ao longo dos meses de xullo a setembro, alumnado procedente de Xeorxia realizou as súas estadías laborais en empresas do ámbito informático da contorna de Vigo, ao amparo do programa Eramus+ do IES de Teis.
Á súa finalización, Mariami Guchmazashvili e Giorgi Svanadze da Business and Technology University de Tblisi e Levan Gogorikidze e Ilia Kipshidze da Ivane Javakhishvili Tbilisi State University manifestaron aos responsables do Departamento de Proxectos Internacionais a súa gratitude pola excepcional experiencia que lles supuxo a realización das súas mobilidades en Vigo, o que lles permitiu afondar nos seus coñecementos técnicos e destrezas profesionais.
Asemade, nesta estadía tamén tiveron a oportunidade de coñecer a nosa realidade sociocultural, costumes e lugares de interese da que quedaron abraiados. Por outra banda, tamén quixeron destacar o recibimento e o trato recibido por parte dos compañeiros en cada centro de traballo xa que dende o primeiro momento colaboraron na súa integración e na participación nos proxectos que se estaban a desenvolver en cada institución. Por elo, dende o Departamento de Proxectos Internacionais do IES de Teis queremos agradecer as empresas Sealab Solutions, Dixma Formación, Sistemas e Comunicacións Infoser e F10 Informática a súa colaboración nestas mobilidades. Por último, desexamos a Mariami, Giorgi, Levan e Illia os maiores éxitos profesionais e persoais esperando que a súa estancia entre nos axude a elo.
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License