Séguenos nas redes sociais: Facebook Teis

Competición escolar de badminton

Terceiro posto no Campionato Provincial Escolar de Bádminton

O 28 de maio o noso equipo infantil feminino acadou o terceiro posto no Campionato Provincial Escolar de Bádminton celebrado no Pavillón Alvaro Pino de Ponteareas

Novo éxito do IES de Teis no Campionato Provincial escolar individual de bádminton

O pasado 30 de maio celebrouse o Campionato Provincial escolar individual de bádminton (Xogade) no Pavillón Municipal Alvaro Pino de Ponteareas. Cada entidade podía participar con dous deportistas por categoría.

Na categoría Infantil Masculina, Indalecio Saldaña acadou a medalla de prata e Joel Fernández a medalla de bronce.

Na categoría Cadete Masculina, Sergio Fernández conquistou a medalla de bronce.

Éxito do IES de Teis no campionato provincial escolar de bádminton

O IES de Teis proclámase campión provincial escolar por equipos na categoría infantil e subcampión na categoría cadete dentro da competición escolar de bádminton (programa XOGADE).

O equipos infantil e cadete do IES de Teis clasificáranse para disputar a última proba da competición escolar de bádminton: o Campionato Provincial por equipos. Non defraudaron, pois se proclamaron campións na categoría infantil e subcampións na categoría cadete o pasado sábado 16 de maio de 2015 na proba celebrada no pavillón Alvaro Pino de Ponteareas.

Competición escolar de bádminton (Xogade)

O vindeiro sábado 9 de maio participaremos na competición escolar de bádminton (Xogade) entre as entidades de Vigo, Val Miñor e Morrazo. A proba será no Pavillón do Colexio Rosalía de Castro de Vigo. Os nosos alumnos participantes son:

INFANTIL MASCULINO A

Comenzo da actividade extraescolar de bádminton

Aqueles alumnos e alumnas interesados en participar nesta actividade, recordarlles que comenzará o martes 23 de setembro as 16:00 no Pavillón Municipal de Teis e que se levará a cabo todolos martes e mércores de 16:00 a 17:40 ata rematar o curso.

 

Distribuir contido

Profesorado

Pais/Nais