Séguenos nas redes sociais: Facebook Teis

Matemáticas

IMAXTINA

Alumnado partipando en IMATXINA

O pasado mércores 11 de abril os alumnos de 1º e 2º da ESO do noso centro participaron no programa de actividades da XIV Edición de Imatxina.

Traballaron en obradoiros con tangrams, pentaminós e hexamantes, policubos, espellos...

Todos eles xogos que estimulan a creatividade e desenvolven a intuición xeométrica e as habilidades mentais.

Deixámosvos con algunhas fotos.

LIGAMATS

O pasado venres 6 de Abril dous equipos do noso centro de 1º e 2º da ESO participaron en LIGAMATS. Ao longo da tarde resolveron problemas, xogos e actividades relacionadas coas matemáticas.

Deixámosvos coas fotos dos equipos participantes.

 
Alumnado participando en LIGAMATS Alumnado participando en LIGAMATS

XXV concurso Kanguro Matemático

Alumnado na escola vendo a demostración

O pasado xoves 15 de marzo celebrouse o XXV concurso Kanguro Matemático, no que de novo estiveron presentes alumnos dende 1º da ESO ata 2º de Bacharelato do noso centro.

A finalidade do concurso e incentivar o estudio das matemáticas descubrindo o sentido lúdico desta asignatura.

Os alumnos divertíronse resolvendo ao longo da tarde cuestións matemáticas.

Deixámosvos con algunhas fotos.

Unha clase de matemáticas diferente

O pasado 24 de febreiro celebramos o entroido cunha clase de matemáticas diferente.

O alumnado de 1º ESO disfrutou e aprendeu con xogos matemáticos.

Deixámosvos coas fotos do evento

 

Galería de imaxes do evento

Distribuir contido