Enviado por admin o Mar, 14/02/2023 - 18:40
O pasado xoves 9 de febreiro celebramos un pequeno acto para renomear a nosa sala de servidores en honor ao noso ex-compañeiro, xa xubilado, Dámaso Henández, quen administrou os servidores do IES de Teis durante máis de 20 anos.
Na ocasión, a xefa do Departamento de Informática, Mercedes Hernández, agradeceu a Dámaso o seu traballo e a súa dedicación e descubriu unha placa conmemorativa (vídeo). Ademais, destacou o labor de Manuel Puga, tamén compañeiro do departamento e responsable do mantemento do centro durante moitos anos.
A continuación, os seus compañeiros quixeron agasallar aos docentes cun ramo de flores e un pequeno ágape en recoñecemento a tantas e tantas horas compartidas no centro.
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License