Skip to main content

Roteiro xeolóxico pola Guía

Fotos da saída xeolóxica

O día 3 de Outubro as alumnas de 2º de Bacharelato de Ciencias fixeron unha saída xeolóxica pola Guía.

Durante esa mañá visitaron sitios característicos do barrio como, o pozo de Gondosende e os seus petróglifos gravados nunhas laxes grandes que se poden atopar no solo do camiño.

Tamén tiveron a oportunidade de observar , ó longo do traxecto, os tipos de rochas que se poden atopar na contorna, ademais de ver como persoas do plan comunitario de Teis facían mantemento no recinto, amañando empalizadas para evitar a erosión.

No opinión do alumnado, a saída resultou moi interesante, por descubrir aspectos descoñecidos do barrio. Aínda que algúns tramos do traxecto poden ter certa dificultade para percorrer a pe, en xeral pagou a pena.

 

Galería de imaxes do evento

Fotos da saída xeolóxica Fotos da saída xeolóxica Fotos da saída xeolóxica
 

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License