Skip to main content

Saída a Catoira e Caldas de Reis

Saída a Catoira e Caldas de Reis

O alumnado de 4ºESO, 1º Bacharelato e 2º Bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía do IES de Teis, o martes 26 de abril, realizou unha saída a Catoira e Caldas de Reis para realizar un traballo sobre distintos contidos da materia.

Así por exemplo, estivemos vendo distintos tipos de rochas (granito, conglomerado, granodiorita), ecosistemas (xunqueiras, bosques de ribeira), recursos enerxéticos (muíños tradicionais de vento, de río, de marea, así como aeroxeneradores, antigas centrais hidroeléctricas, manantiais), impactos ambientais (causados pola actividade mineira, construcción de vías de comunicación, vertedoiros non controlados, introducción de especies exóticas invasoras...) e riscos (inundacións, desprendementos de ladeira...).

Achegamos fotos do alumnado participante nesta actividade e unha fotografía da nota de prensa publicada no Faro de Vigo na sección de Arousa, onde se destacou que o IES de Teis realizase unha actividade para ver un afloramento xeolóxico de depósitos fluviais da última era glacial, alertando do estado de abandono no que se atopa e reivindicando o seu mantemento para visitas escolares e científicas debido a súa importancia xeolóxica.

 

Galería de imaxes do evento

Saída a Catoira e Caldas de ReisSaída a Catoira e Caldas de ReisSaída a Catoira e Caldas de ReisSaída a Catoira e Caldas de ReisSaída a Catoira e Caldas de ReisSaída a Catoira e Caldas de Reis

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License