Séguenos nas redes sociais: Facebook Teis

RUTAS LITERARIAS, CIENTÍFICAS E ARTÍSTICAS

Mapa das rutas

O alumnado de 4ºESO tivo a oportunidade de desfrutar desta ruta que se desenvolveu na semana do 22ata o 28 do mes de outubro. Grazas ao labor desenvolto polos departamentos de lingua castelá e bioloxía que presentaron o proxecto.Foi unha semana intensa de actividades didácticas moi enriquecedoras para a aprendizaxe dos nosos rapaces.

O itinerario Rutas Cal 3 que realizaron transcorre polas vilas e cidades de maior interese cultural das comunidades de Asturias e Cantabria.

Percorremos Oviedo a través da ruta literaria da “Regenta” e sentamos nos escanos da Xunta Xeral do Principado, achegámonos á casa natal de Jovellanos en Xixón, comtemplamos as paisaxes mariñas desde o museo das Áncoras de Salinas e LLanes, coñecemos un pouco máis dos dinosaurios en Colunga , valoramos a arte no Capricho de Gaudí en Comillas e nas estruturas arquitectónicas de Nieméyer en Avilés, estudamos o mundo natural no xardín botánico de Xixón e nas marismas de Santoña, desfrutamos da natureza desde os lagos de Covadonga, descubrimos como se elaboran a sidra en Villavisciosa ou as conservas nunha fábrica de Santoña, divertímonos cos animais en Cabárceno…e sobre todo aprendemos a convivir con compañeiros.

Deixámosvos coas fotos do evento

 

Galería de imaxes da ruta

 

Ver galería externa

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License