Skip to main content

Resumo das XIX XORNADAS DE ORIENTACIÓN AO EMPREGO

Cartel das xornadas XVIII de orientación ao emprego

Xa quedaron atrás as XIX XORNADAS DE ORIENTACIÓN AO EMPREGO. Este ano tivemos tres días e moitas persoas invitadas!!!

UN BREVE RESUMO DO ACONTECIDO…

Empezamos o luns 29 de xaneiro con Álvaro Gómez nunha conferencia sobre protección de datos de carácter persoal. O alumnado de Asesoría de Imaxe Persoal, que colaborou na organización do evento, estivo preparando os últimos detalles, e algúns alumnos de informática, que tamén axudaron, preguntándose como se meteron en semellante berenxenal!

O martes 30 de xaneiro tras a inauguración por parte da Vicedirectora do IES de Teis Ana Rúa, comezaba o primeiro día grande das xornadas cunha mesa de Mulleres que nos representan: Elvira Landín, Loida Zamuz e Yolanda García contáronnos como foi a súa vida laboral, os seus proxectos, atrancos por ser mulleres nun mundo conservador que durante décadas reforzou os roles de xénero. A mañá continuou con Abel Barredo falando da Lei de autónomos, e despois do descanso tiveron lugar os obradoiros sobre entrevistas de traballo, redes sociais e estilismo en TV a cargo de Emilia Alonso, Alberte Cea e Amaya Fernández.

Pola tarde os representantes de colexios e asociación profesionais de informática, estética e perruquería responderon a cuestións sobre os recursos que ofrecen. A continuación Ana Cidre falóunos sobre diversidade e inclusión na tecnoloxía, un mundo cheo de homes e poucas mulleres ó que queremos darlle unha volta. Despois do descanso chegaron os obradoiros nos que participaron respresentantes da empresa Ingeniería Insitu, Avelino Pérez con xestión de perruquerías, Carmen de LiliumNature achegóunos ó mundo da cosmética natural, e a nosa compañeira Encarna Villanueva axudando ao alumnado de FP Básica a decidir o seu futuro.

O mércores 31 de xaneiro comezamos con Adolfo Román de Altia, Ángel González falando sobre franquicias e Fernando de Revertia explícandonos como darlle unha segunda vida a todos os aparellos e que o seu destino non sexa o contenedor do lixo.

 

A segunda parte da mañá chegou cargadiña de ideas para emprender: Pontevan, unha marabillosa food truck que resultou dun proxecto colaborativo de catro centros de Pontevedra e na que o alumnado do Carlos Oroza elabora viandas de pracer; Impact Hub ensinándonos como atopar ideas que aporten valor social; A Molinera con proxectos innovadores e creativos; e por último con Iván conseguimos saber por fin que un Fablab é un taller de fabricación dixital para uso persoal.

Para o alumnado da tarde máis actividades e obradoiros: Cristian e Susana de Cogami quedarán para sempre no noso corazón, son un exemplo de superación persoal que lembraremos sempre, sobre todo o alumnado de FP Básica que saiu abraiado do salón de actos; Laura, Nair, Rosa, Juan Carlos e Gilberto son antigos alumnos/as do IES de TEIS que trasladaron una pequena parte da súa empresa ós stands que lles montamos para responder moitas cuestión que lles plantexamos; José Luis de Markea falóunos de habilidades sociais para que os/as clientes de imaxe persoal se sintan a gusto con nós; Laura, Estefanía e Sofía de Nyxstyle explicáronnos como organizan unha voda; e por último Saúl Molinero pechou as xornadas falando de traballo remoto.

DESEXÁMOS QUE VÓS GUSTARAN. MOITAS GRAZAS a todos e todas, alumnado e profesorado de Formación Profesional, pola vosa asistencia e participación activa, en especial ó alumnado de Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa, ó alumnado de Informática que axudou tanto nas tarefas de azafatos como nas emisións en streaming con Cristina Castiñeira, alumnado do Ciclo de Estética e Beleza que participaron na montaxe dos stands con Arantxa Martínez, alumnado e profesorado do IES Audiovisual de Vigo, alumnado e profesorado do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, a Andrea Muñoz, José Carlos Martínez, Margarita González, Dolores Lois, Isabel Torres e Demetrio Monteagudo. Moitas gracias ás empresas e entidades que colaboraron desinteresadamente nestas xornadas.

GRAZAS DE PARTE DE TODO O EQUIPO DE ORIENTACIÓN E EMPREGO, organizador das xornadas.

 

Galería de imaxes do evento

Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada Foto da celebración da xornada
 

Ver galería externa

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License