Séguenos nas redes sociais: Facebook Teis

Radio Teis

RADIO TEIS

Radio Teis é un espazo de música e literatura que xurde das inquedanzas dun grupo de alumnos de comunicación para transmitir mensaxes que produzan emocións e reflexións sobre diferentes temas que, dalgún xeito, nos interesan de sempre.

Podedes mandar os vosos programas sobre o que vos interese.

O fracaso. Carolina (4:38) 
¿Quen non fracasou algunha vez? O fracaso non é máis que un motivo para intentalo doutro xeito. 
O paso do tempo. Tania (7:30) 
Tania invítanos a dar un paseo polo tempo. 
O desexo. Lidia (4:03) 
O permanente estado de desexo quizais sexa unha das condenas dos humanos. 
O destino. Verónica (7:10) 
Se hai algunha preocupación que atravesou todos os tempos, esa chámase "o destino". 
O sexo. Edith (7:45) 
Sempre tan polémico, o sexo non pode faltar nunha lista de temas intemporais.
O perdón. Carolina (4:41)
Que dificil é perdoar... Pero que grande é poder facelo. 
O desamor. Francis (12:10) 
O desamor: un tema tan eterno como actual. O amor é a cousa máis doce, pero tamén a mais amarga. 
A dúbida. Melanie (6:45) 
As decisións, as dúbidas, as encrucilladas nas que nos vemos moitas veces na vida, é un motivo de reflexión para Melanie. 
¿Vivir ou sobrevivir? Lidia (3:43) 
¿Estamos satisfeitos coa vida que levamos? ¿É vida ou supervivencia? 
A envexa. Olga (5:44) 
Tan antiga e tan actual. A envexa serpentea polos vieiros da historia.
O medo. Tania (8:05) 
¿Como podemos liberarnos dos nosos medos? É o medo realmente o que non nos deixa ser felices? 
A intelixencia emocional. Olga (9:31) 
¿Por que ser intelixente non basta para que nos vaian ben as cousas? ¿É unha intelixencia fracasada aquela que non serve para ser feliz? 
A soidade. Verónica (10:41) 
A soidade: un dos males do século XXI. As veces temos unha grande pena e ninguén nos escoita. ¿Cantas historias están acontecendo ó noso lado? 
O éxito. Edith (10:07) 
O éxito é unha das obsesións de moita xente. ¿Qué se pode facer para ter éxito na vida? 
A sorte. Melanie (6:16) 
Quizáis sexa o medo precisamente o que nos fai caer na necesidade e a superstición da sorte.