Skip to main content

Participación en EnlazaVigo

Punto lila

Con motivo da proximidade do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o noso centro participa nas actividades promovidas polo concello de Vigo dentro do EnlazaVigo.

Unha das propostas deste ano foi a creación dun punto lila nos centros educativos, que consiste nun espazo de información e sensibilización sobre a violencia contra as mulleres que ten como obxectivo implicar ó conxunto da comunidade educativa na reflexión sobre este problema social.

A través desta proposta preténdese xerar unha acción que contribúa a superar as diferentes formas de violencia cara as mulleres e que promova entre a mocidade unhas relacións libres, respetuosas, igualitarias, diversas e non sexistas.

Ademais varios grupos do centro participaron, ben de xeito presencial ou ben de xeito telemático, en charlas ofertadas polo Concello relacionadas coa violencia de xénero.

 

Galería de imaxes do evento

Punto lilaPunto lilaPunto lilaPunto lilaPunto lilaPunto lila Charlas EnlazaVigo

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License

Todos os días deberían ser o día contra a Violencia de Xénero