Skip to main content

Proceso de admisión para ciclos de FP (réxime ordinario e persoas adultas) para o curso 2020-2021

Xa está dispoñible no portal educativo a información e calendario do proceso de admisión para os ciclos de FP de graos medio e superior para os réximes ordinario e de persoas adultas. Podes acceder desde a seguinte ligazón. E aquí podes atopar o calendario de admisión.

Se queres cursar algún ciclo no noso centro, non esquezas presentar a túa solicitude entre o 25 de xuño ás 9:00 e o 8 de xullo ás 13:00. Agardámoste!