Enviado por admin o Lun, 17/04/2023 - 22:19
O pasado Xoves 13 de abril tivo lugar a xornada de presentación da escola de nais e país do IES de Teis. O noso centro foi un dos dous únicos Institutos de Vigo seleccionados para desenvolver esta iniciativa impulsada pola Universidade de Vigo. Está dirixido a pais e nais con fillas ou fillos matriculadas na ESO.
A presentación xerou moito interese na comunidade educativa e xa nesta primeira xornada introdutoria cubriuse case a metade do aforo dispoñible.
As xornadas desenvolveranse os xoves en horario de 19:15 cunha duración aproximada de hora e media nos meses de abril, maio e xuño. Tendo previsto a finalización o día 15 de xuño se prexuízo da súa continuidade o vindeiro curso durante os meses de setembro e outubro.
Esta primeira xornada serviu para coñecer de primeira man cales eran as cuestión que máis inquedanzas xeraban nos país e nais alí presentes, temas como o adecuado uso dos teléfonos móbiles, a comunicación cos fillos e fillas adolescentes, ou a organización nos estudos foron algúns dos mencionados.
As xornadas serán impartidas por Katia Rolan Licenciada en psicoloxía e doutora en Xestión e Resolución de Conflitos. Menores, Familia e Xustiza Terapéutica pola Universidade de Vigo. O obxectivo desta escola é identificar os temas de interese das familias, analizándoo e traballándoo nestas xornadas semanais para propoñer alternativas que permitan mellorar aquelas situacións que se consideren máis problemáticas e establecendo pequenos retos que permitan implantar na casa as solucións propostas.
A primeira xornada terá lugar o vindeiro xoves as 19:15 no IES de Teis. Aqueles nais e pais interesados en formar parte deste proxecto poden inscribirse por orde de chegada ata esgotar as prazas dispoñibles no teléfono 886120464.
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License