Skip to main content

Presentación das XIX Xornadas de Orientación ao Emprego

Cartel das xornadas XVIII de orientación ao emprego

Xa sabes que vas facer despois do teu ciclo ou da túa FP Básica? Poderás encontrar ideas para o teu futuro laboral nas Xornadas de orientación ao emprego do IES de Teis, que todos os anos se organizan co esforzo de profesores e alumnos.

Nesta edición poderás coñecer a emprendedores que, coma ti, formáronse no instituto; tamén recibirás información útil sobre como enfrentarte con éxito a unha entrevista de traballo ou sobre os recursos de que dispós para montar a túa propia empresa, o xeito de desenvolver as túas ideas, de publicitalas… mesmo podes coñecer formas de traballo ou profesións vencelladas ao teu campo nas que aínda nos pensaras, e todo desenvolvido en obradoiros prácticos e amenas charlas. Aproveita esta oportunidade de completar a túa formación, anímate a participar.

Consulta o programa pinchando neste enlace.