Skip to main content

O IES de Teis participa no Premio pola Igualdade Carmen López-Cortón 2019

Premio Carmen López Cortón

O noso instituto acaba de presentar o seu proxecto sobre os estereotipos de xénero para participar no Premio Carmen López-Cortón 2019.

Neste proxecto participarán oito docentes, así como o alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º de FP Básica e o seu obxectivo é que o alumnado asimile coñecementos e actitudes, así como unha distancia crítica necesaria para analizar o tratamento dos estereotipos de xénero no século XXI, especialmente nos medios de comunicación, a publicidade, a moda, as redes sociais e as novas tecnoloxías da información e da comunicación.

Ademais da dotación económica para o desenvolvemento do proxecto durante o curso 2019-2020, os centros premiados co primeiro premio recibirán o distintivo de Escola Igualitaria, recoñecemento que pretende realzar as boas prácticas en prol da igualdade.

O galardón leva o nome de Carmen López-Cortón, muller viaxada e políglota da "Institución Libre de Enseñanza" que desde moi cedo amosou grande interese pola educación das mulleres.