Skip to main content

Olimpíada de Xeoloxía

<br />
    Olimpíada Xeoloxía 2023

Catro representantes de 4 de ESO e 5 de 1 de bacharelato acudiron onte 8 de febreiro á Olimpiada de Xeoloxía, acompañados das profesoras Rut Sendra e Alicia López.

A actividade desenvolveuse na contorna de Monteferro e na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía de Vigo.

Foi unha oportunidade de estar contacto coa natureza, para poñer en práctica o aprendido nestes meses e para convivir con alumnado doutros centros.

A xornada foi todo un éxito para o noso centro, xa que Miguel Fernández conseguiu o accésit de 4º da ESO, Sara Vázquez o premio á 3 persoa clasificada provincial, recaendo ademáis o premio ao mellor equipo ao formado por Lucas Blanco, Uxía Chá, Camila Torres, Yolanda Sánchez e Sara Vázquez, de 1º de Bacharelato.

Parabéns para toda a nosa delegación!

Para máis información pódese consultar o enlace da Universidade de Vigo: XIV Olimpíada de Xeoloxía

 

Galería de imaxes do evento

Olimpíada Xeoloxía 2023 Olimpíada Xeoloxía 2023 Olimpíada Xeoloxía 2023 Olimpíada Xeoloxía 2023 Olimpíada Xeoloxía 2023 Olimpíada Xeoloxía 2023

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License