Skip to main content

Obradoiros de estampación de batas

<br />
    Obradoiro de estampación de batas

Dentro das actividades planificadas ao abeiro do Plambe, entendendo a biblioteca como centro creativo de aprendizaxe, nas pasadas semanas desevolvéronse alí obradoiros de estampación dos nomes do alumnado dos primeiros cursos dos ciclos do réxime de ordinario da familia de Imaxe Persoal.

Os nomes cortáronse en vinilo coa cortadora dispoñible na biblioteca e pegáronse nas batas pasando o ferro. Con esta mesma técnica podemos estampar bolsas, camisetas, etc.

Nas vindeiras semanas realizaremos tamén a estampación do resto dos cursos interesados.

E ti? Cres que podes desenvolver a túa creatividade empregando a cortadora de vinilo e outros materiais? Queres aprender? Pregunta por Marta na biblioteca os martes no recreo da mañán.

 

Galería de imaxes do evento

Obradoiro de estampación de batas Obradoiro de estampación de batas Obradoiro de estampación de batas Obradoiro de estampación de batas Obradoiro de estampación de batas Obradoiro de estampación de batas Obradoiro de estampación de batas Obradoiro de estampación de batas Obradoiro de estampación de batas Obradoiro de estampación de batas

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License

O IES de Teis coas mulleres iranianas