Skip to main content

O IES de Teis participa na olimpíada de Xeoloxía

Alumnado do IES de Teis na olimpiada de xeoloxía

O 13 de febreiro, o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4ºESO, Iº Bacharelato e IIº Bacharelato asistiu a X Olimpíada de Xeoloxía que se celebrou na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía.

Este ano incluíronse novidades, pola mañá o exame práctico consistiu nunha xincana pola contorna da escola, con distintos postos nos que se realizaban distintas preguntas prácticas. Ademais o profesorado tivo un taller para ver distintas actividades xeolóxicas realizadas e levadas a práctica nos seus centros por dous dos profesores asistentes a Olimpíada.

Xa pola tarde, e despois de comer, realizouse como ben sendo costume o exame teórico e distintos talleres cos que a Escola de Minas e Enerxía nos amosa os últimos estudos que están realizando e as súas aplicacións (1. Intervindo microscópicamente no arte urbán, 2. Arte, minerais e falsificación, 3. Realidade aumentada e 4. Paleontoloxía 3D).

A xornada tivo un gran colofón final coa entrega de premios os gañadores e regalos a todos os participantes. Ademais tivemos o privilexio de escoitar a experiencia na Olimpíada en anos anteriores de Iván Montenegro, exalumno de Teis e actual alumno da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía.

 

Deixamos unhas fotos dos distintos momentos da xornada:

Alumnado na olimpiada de Xeoloxía Alumnado na olimpiada de Xeoloxía Alumnado na olimpiada de Xeoloxía Alumnado na olimpiada de Xeoloxía Alumnado na olimpiada de Xeoloxía Alumnado na olimpiada de Xeoloxía Alumnado na olimpiada de Xeoloxía Alumnado na olimpiada de Xeoloxía Alumnado na olimpiada de Xeoloxía

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License