Skip to main content

Calendario de realización das probas

  • Venres, 2 de xuño, ás 10:30 horas na aula 27, xornada de acollemento, en único chamamento, deberán acreditar a identidade.
    Segundo a disposición adicional segunda da Orde do 5 de abril de 2013, os centros realizarán a baixa de oficio da matrícula da proba cando unha persoa matriculada non asista inxustificadamente á xornada de acollemento a que se refire o artigo 22.2 ou a calquera das partes en que se organiza a proba de cada módulo profesional.
  • Do 5 ao 8 de xuño, desenvolvemento da primeira parte da proba, segundo calendario exposto no taboleiro do centro.
  • Venres, 9 de xuño, ás 18:00 horas, publicación, no taboleiro do centro, das cualificacións da Primeira Parte da proba. Nese momento se exporá o calendario da segunda parte da proba.
  • Do 13 ao 20 de xuño, desenvolvemento da segunda parte da proba.
  • Xoves, 22 de xuño, ás 11:00 horas, publicación, no taboleiro do centro, das listaxes coas cualificacións finais.

As programacións e deseño das probas, para cada un dos módulos profesionais dos ciclos, están a disposición do alumnado na páxina web, www.iesteis.es, e na secretaría do centro.

Vigo, a 19 de maio de 2017

Xefatura de estudios do IES de Teis

 

 

Normativa:
ORDE do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.