Séguenos nas redes sociais: Facebook Teis

O IES de Teis na High School Developers Parade Vigo

O pasado 21 de febreiro, o noso centro foi invitado ao envento High School Developers Parade organizado polo Google Developer Group Vigo (@GDGVigo). O evento tivo gran acollida por parte do alumnado e os alumnos de ASIR, DAM e DAW acudiron. Incluso o alumnado da quenda de adultos fixo un esforzo e tamén acudiu en gran número.

O evento compúsoxe por varias charlas desenfadadas onde os poñentes explicaban as súas experiencias no mundo do desenvolvemento de software. Falouse de emprendemento, de iniciativa, de gañas de aprender, de traballo dende casa, etc. Despois houbo unha mesa redonda onde os poñentes respondían as súas propostas.

 

Profesorado

Pais/Nais