Séguenos nas redes sociais: Facebook Teis

O IES de Teis na VIII Olimpiada de Xeoloxía

Alumnado na escola vendo a demostración

O mércores 15 de febreiro celebrouse a fase autonómica da VIII Olimpíada de Xeoloxía, sendo a Escola de Enxeñería de Minas de Vigo a sede provincial un ano máis.

Nove mozos e mozas de 4º de ESO e sete de 1º de Bacharelato participaron nesta edición representando ó IES de Teis .

Como en ocasións anteriores , ó longo da xornada os catro equipos do IES de Teis tiveron que superar probas prácticas de identificación de rochas, minerais e fósiles, e traballar sobre mapas topográficos. Pola tarde tocou facer un test teórico , e tamén pasar momentos entretidos e interesantes en charlas e talleres como o de "Realidade aumentada".

Destacamos dun xeito moi especial o premio de Accésit de 4º de ESO acadado por Marta Santaclara Vidal, que quedou situada entre as catro persoas mellores puntuadas da sede provincial. Parabéns por todo o traballo!

Deixámosvos coas fotos do evento

 

Galería de imaxes do evento

 

Ver galería externa

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License