Enviado por admin o Dom, 26/03/2023 - 21:41
A semana pasada realizamos a presentación dun proxecto que constitúe un paso adiante na aprendizaxe baseada en proxectos e a colaboración entre departamentos. O equipo docente de 2º DAW da quenda de ordinario, que xa en cursos anteriores puxera en práctica un proxecto interdisciplinar que combina o aprendido en todos os módulos, procurou clientes reais dentro do noso intituto para que o alumnado desenvolvese aplicacións reais para o centro.
Un deses proxectos realizouse en colaboración co departamento de Imaxe Persoal, concretamente co grupo de 2º do Ciclo Medio de Peiteado e Cosmética Capilar e a súa titora, que consistiu no desenvolvemento dunha aplicación web que lles permitirá levar a xestión de citas para os diferentes módulos do ciclo, permitindo a xestión da mesma a través de diferentes tipos de usuario: alumnado, profesorado, administrador/a; con diferentes permisos.
O alumnado de 2º DAW levou a cabo as diferentes etapas de desenvolvemento dunha aplicación informática: reunión coa clientela para a toma de requerimentos, deseño da interface, reunións intermedias para consulta de dúbidas e presentación de resultados preliminares, programación da aplicación e despregamento da mesma, nun servidor da rede interna do instituto. O profesorado do grupo sentímonos moi orgullosos do traballo realizado.
Os resultados foron moi satisfactorios, o alumando seguirá traballando na aplicación no 3º trimestre, dentro do seu proxecto fin de ciclo e esperamos continuar coa colaboración en vindeiros cursos para que o futuro alumnado implemente novas funcionalidades.
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License