Enviado por admin o Lun, 21/03/2022 - 17:31
O mércores 16 de febreiro celebrouse a fase galega da XIII Olimpíada de Xeoloxía. O IES de Teis participou nesta actividade que se celebrou na Escola de Minas de Vigo.
Neste día, alumnado de distintos centros da provincia de Pontevedra, realizaron diversas probas teorías e prácticas, así como talleres impartidos pola Escola de Minas sobre xeotecnia, paleontoloxía 3D, intelixencia artificial aplicada a utilización de minerais e visión 3D.
O IES de Teis está de noraboa porque a alumna Sara Vázquez Casal, do IES de Teis de Vigo, conseguiu o Premio Accesit 4º ESO nesta participación da sede de Vigo.
Achegamos fotos dos nosos alumnos participantes, así como da alumna que se alzou co Premio Accesit 4º ESO: https://agueiro.edu.xunta.gal/view/view.php?t=Sosjh4nXNGWmyqbvBKA1