Skip to main content

Celebración do día da muller no IES de Teis

Alumnas do IES de Teis no día da muller e nena na ciencia

Vimos de conmemorar o pasado venres, 8 de marzo, o Día da Muller. Unha data para a celebración da nosa identidade e a reivindicación dos nosos dereitos e liberdades. Ese día a comunidade educativa do IES de Teis sumouse ás distintas convocatorias cidadás e saíu á rúa. Por iso adiamos para o martes 12 de marzo os actos de homenaxe á muller que levábamos tempo preparando.

A loita pola igualdade de xénero estivo presente no IES de Teis desde os seus mesmos comezos. É un valor que sempre intentamos fomentar desde a palabra, o exemplo e a acción. Pero este ano puidemos constatar no noso centro certos comportamentos alarmantes que poñen de manifesto que é a igualdade é unha meta que aínda está moi lonxe e que é necesario darlle un pulo ao noso esforzo por avanzar. É así como naceu o Grupo de Igualdade que se constituíu no mes de xaneiro e está integrado por representantes do alumnado e do profesorado de ámbolos dous xéneros. Temos que salientar que é un grupo dinámico , onde pode participar quen así o desexe e ao que se poden facer chegar suxestións de diversas formas (taboleiro, caixa de correo, e – mail, etc).

Que mellor maneira de comezar a súa andaina o noso Grupo de Igualdade que organizando as actividades de celebración do día da muller? Pois así foi. E o resultado foi fermoso, emotivo e, sobre todo , formativo, que é o que se pretendía. Ás 12:00 h da mañá o alumnado de ESO, FPB e Bacharelato reuniuse no Salón de Actos onde puideron renderlle homenaxe a mulleres senlleiras de todas as épocas que foron (e son) a voz e o símbolo de moitas outras que permaneceron no anonimato. Máis tarde uniuse a eles, no patio cuberto, o alumnado de Ciclos de FP para asistir ao acto de inauguración formal do nomeamento das aulas. O IES de Teis a partir de agora ten nome de muller. E tivemos a inmensa honra de contar coa presenza dalgunha destas mulleres que lle dan nome e identidade as aulas do noso centro: Antía Cal, Mª Xosé Queizán e Luísa Ocampo, neta de Ernestina Otero, quen nos animaron a seguir adiante na nosa loita.

Grazas a elas e a tantas que constitúen para nós un modelo e un alento. E grazas a vos por querer seguir coa súa labor.

 

Galería de imaxes do evento

CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO IES DE TEIS

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License