Skip to main content

Concurso de montaxe de ordenadores 2020

Concurso de Montaxe de Ordenadores 2020

Onte tivo lugar no noso centro o concurso anual de Montaxe de Ordenadores. Neste concurso, o alumnado dos ciclos da familia de Informática clasificado nas roldas preliminares compite para demostrar que é quen de montar un equipo informático no menor tempo e da mellor maneira posible.

O campión da quenda de réxime ordinario Juan Fernando Veiga Costas do CM de Sistemas Microinformáticos e Redes enfrontouse na fase final ao campión da quenda de réxime de persoas adultas José Manuel González Rosende, do CS de Administración de Sistemas en Rede, quedando campión absoluto o primeiro. Noraboa!

Aproveitamos para dar as grazas ao noso patrocinador, a empresa Asysgon, ao profesorado organizador, Daniel Medina e Ricardo Veiga, ao noso profesor de tecnoloxía Bernardo Álvarez, pola impresión en 3D da copa do campión e a todo o resto de alumnado e profesorado que colaborou.

Estade pendentes da web, nas vindeiras semanas publicaremos máis fotografías e vídeos.

 

Galería de imaxes do evento

O campión Juan Fernando Veiga Costas O subcampión José Manuel González Rosende O campión Juan Fernando Veiga Costas A alumnado participante da queda de ordinario Concurso de Montaxe de Ordenadores 2020 O profesorado organizador: Daniel Medina e Ricardo Veiga

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License