Skip to main content

Mesostetic imparte un taller de Peelings químicos no IES de Teis

Mesosmetic en Teis

O día 30 de marzo, no marco das Xornadas Técnicas de Imaxe Persoal, a empresa Mesostetic realizou un taller de Peelings químicos no IES de Teis.

Na sesión, expuxéronse os distintos tipos de peelings químicos de uso en Estética e Medicina Estética, explicando os mecanismos de acción, indicacións e precaucións no seu uso.

Asemade, realizouse unha demostración práctica desenvolvendo un protocolo de tratamento personalizado nun caso de pel deshidratada e sensible.

Participaron alumnas do CS Estética Integral e Benestar de 1º e 2º de ordinario e adultos.