Skip to main content

Reunión do consorcio ITCON

<br />
    Reunión do consorcio ITCON

O pasado día 24 tivo lugar no noso centro unha reunión dos membros do consorcio ITCON liderado polo IES de Teis e do que forman institucións educativas da Comunidade Valenciana, Madrid, Galicia, Cataluña e Andalucía, organizada polo departamento de Proxectos Internacionais.

O consorcio constituíuse en 2019 ao amparo do programa Erasmus+ co obxectivo de poñer en marcha proxectos de internacionalización de mobilidade KA107, actualmente denominados KA171.

Os devanditos proxectos promoven mobilidades de profesorado e alumnado con países non pertencentes á Unión Europea, e co obxectivo de intercambiar experiencias e metodoloxías educativas entre institucións de diferentes países. Como aspecto destacable, este ano prevese reforzar a incorporación de alumnado, ben na modalidade de estudos ou ben na de prácticas en empresas en España.

Na reunión tratáronse diferentes aspectos organizativos para a execución do proxecto ao longo do curso académico 2022-2023, quedando trazadas as liñas xerais da súa posta en marcha.

Os membros do devandito consorcio son IES de Chan do Monte, CPR Daniel Castelao, IES Provençana, IES Campanillas, IES Abastos, IES Lago, IES La Senia, IES Villaverde, IES María Enríquez e IES Salvador Gadea, sendo o líder do consorcio o IES de Teis.

 

Galería de imaxes do evento

Reunión do consorcio ITCON Reunión do consorcio ITCON

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License

O IES de Teis coas mulleres iranianas