Enviado por admin o Mér, 01/02/2023 - 23:58
Un curso máis, o noso cetro participa na campaña do Ministerio de Agricultura en colaboración co Fogga, para o reparto entre o alumnado de froita e leite para promocionar hábitos de vida saudable e produtos de orixe galega.
O reparto de froita tivo lugar durante 10 días, entre o 16 e o 27 de xaneiro, mentres que o de leite durará 20 días, entre o 16 de xaneiro e o 10 de febreiro. O alumnado puido merendar no recreo froitas de tempada, coma as mazás e as mandarinas, así como leite normal e sen lactosa.
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License