Skip to main content

Exposición EnlazaVigo

Exposicións de slogans EnlazaVigo 2021

Esta semana noso centro acolleu a exposición de slogans "A mocidade viguesa contra a escalada da violencia de xénero" propostos polos institutos participantes nas actividades de EnlazaVigo.

Estes slogans xorden a partir do traballo nas aulas sobre os mitos do amor romántico que fan que, na nosa cultura, relacionemos amor con sufrimento e que se transmiten a través do cine, da música, da literatura, etc. Esta é a base das violencias machistas no ámbito da parella, na que tendemos a naturalizar os ciumes, o control, as chantaxes, etc. como unha parte máis desa relación.

Estas situacións e actitudes comezan dun xeito sutil, disfrazándose sempre dese amor romántico, e cada vez irán a máis. Polo tanto, as manifestacións violentas non aparecen de xeito imprevisto, forman parte dunha espiral que ascende como se dunha escala se tratase.

 

Galería de imaxes do evento

Exposicións slogans EnlazaVigoExposicións slogans EnlazaVigoExposicións slogans EnlazaVigoExposicións slogans EnlazaVigoExposicións slogans EnlazaVigoExposicións slogans EnlazaVigoExposicións slogans EnlazaVigoExposicións slogans EnlazaVigoExposicións slogans EnlazaVigo

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License

Todos os días deberían ser o día contra a Violencia de Xénero