Skip to main content

Erasmus+ en Francia

A profesora de Imaxe Persoal do IES de Teis, Natalia Vérez Cotelo tivo a oportunidade de realizar unha estadía formativa en Francia do 2 ao 9 de maio de 2023 grazas ao programa Erasmus+. A docente visitou a Bretaña francesa, Pornic e a illa de Ré co obxectivo de coñecer tanto a cosmética de orixe mariña como as técnicas talasoterápicas realizadas nesa zona de Francia, ademais de establecer contacto con diferentes empresas para que o alumnado poida facer alí a FCT.

Tivo como anfitriona a Maríe Pérez Siscar, presidenta da Asociación Nacional de Talasoterapia de Francia que a puxo en contacto coa empresa Agrimer de produción de activos biomariños e o Laboratorio de cosmética de orixe mariño Thalion. Nestes laboratorios coñeceu de primeira man o proceso de extracción de activos biomariños procedentes da zona da Bretaña e a elaboración de cosméticos.

Gracias á axuda de Maríe Pérez Siscar, puido coñecer de primeira man o funcionamento, instalacións e tratamentos de dous centros importantes de talasoterapia, un deles en Pornic e outro na illa de Ré. Entre as actividades realizadas aprendeu as técnicas estéticas realizadas neses centros de talasoterapia que son punteiras no sector. Na parte cultural da viaxe, visitou Nantes, La Rochelle e as termas de Rochefort.

A o regreso ao Ies de Teis, a profesora compartiu as súas experiencias, a documentación e os contactos obtidos co resto do departamento nunha xornada informativa.