Skip to main content

Estancia Erasmus+ na Provenza francesa

Erasmus Marta Martínez

A profesora do departamento de Imaxe Persoal do IES de TEIS, Marta Martínez, viaxou na semana do 16-20 Maio á Provenza Francesa para realizar unha estadía de formación dentro do programa Erasmus+ proxecto KA103.

A docente visitou en primeiro lugar as instalacións de Gattefossé (Lyon). Esta empresa, referente entre os provedores de ingredientes na industria da cosmética natural, ofreceulle a posibilidade de coñecer en detalle as súas últimas innovacións recentemente galardonadas na Feira INCOSMETICS 2022.

A continuación, a docente visitou as instalacións de L'Occitane en Provance (Manosque), onde puido visitar a planta para a extracción de principios activos, manufactura e envasado de cosméticos dunha marca referente no mercado da cosmética natural.

Finalmente, en Fragonard (Grasse) a nosa docente puido aprender sobre as materias primas, técnicas e habilidades que se precisan na creación dun perfume.

As visitas formativas a estas empresas permitíronlle à nosa docente a posta en práctica das técnicas desenvolvidas nestas firmas. Estas experiencias poderán ter unha repercusión inmediata no seu labor docente nos módulos de cosmética que imparte nos ciclos medio e superior de Estética.