Séguenos nas redes sociais: Facebook Teis

Programa Erasmus+ para profesorado [Actualizada]

Alumnado na escola vendo a demostración

Do 19 o 26 de maio, dúas profesoras do departamento de Imaxe Persoal, Mercedes Sías e Mercedes Pose, visitaron Malta cos obxetivos:

  • Facer o seguimento das empresas de peluquería e estética, nas que están realizando a Formación en Centros de Traballo o noso alumnado, (un alumno de 2º CMPCC, dúas alumnas de 2º CMEB).
  • Contactar con novas empresas para futuros convenios de FCT.
  • Coñecer o sector empresarial.
  • Intercambio formativo das profesoras nas empresas.

A experiencia foi moi positiva, o alumnado está contento coa experiencia, a nivel laboral, práctica do inglés e persoal, unha vivencia única e enriquecedora a todos os niveis.

As empresas visitadas teñen interese en seguir colaborando co IES de Teis e están moi satisfeitas co noso alumnado.

Animamos ao profesorado e alumnado a que participe nestes Programas Internacionais de Erasmus+.

Na mesma data catro profesoras de distintos centros de Galicia,dous de imaxe persoal do IES de Teis, nas que se atopan Dolores Lois e Emilia Serodio levaron a cabo un programa Erasmus no Algarve (Portugal).

Principalmente no balneario de Monchique y dende alí contactaron cos distintos centros de formación profesional, spas gabinetes de estética e perruquería co fin de coñecer, compartir e establecer relación enfocada a:

  • Intercambios.
  • Programa de FCT.
  • Posibilidades de contratos laborais...

As profesoras consideran a experiencia moi positiva polo enriquecedora que resultou aínda que moi intensa polo pouco tempo que dispoñían sendo o coche a única posibilidade de desprazamento polas grandes distancias entra as empresas e centros en esta zona que tan ampla.

 

Galería de imaxes de Malta

Profesorado durante a estancia en Malta Profesorado durante a estancia en Malta Profesorado durante a estancia en Malta Profesorado durante a estancia en Malta Profesorado durante a estancia en Malta Profesorado durante a estancia en Malta Profesorado durante a estancia en Malta
 

Galería de imaxes do Algarve

Profesorado de visita polo algarve Profesorado de visita polo algarve Profesorado de visita polo algarve Profesorado de visita polo algarve Profesorado de visita polo algarve Profesorado de visita polo algarve Profesorado de visita polo algarve Profesorado de visita polo algarve Profesorado de visita polo algarve Profesorado de visita polo algarve Profesorado de visita polo algarve Profesorado de visita polo algarve Profesorado de visita polo algarve Profesorado de visita polo algarve Profesorado de visita polo algarve
 

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License