Skip to main content

Estancia Erasmus+ en Abano terme (Italia)

Erasmus Italia

As profesoras de Imaxe Persoal do IES de Teis, María González Meijide, Guadalupe Lorenzo Malvar e Natalia Vérez Cotelo tiveron a oportunidade de realizar unha estancia formativa no norte de Italia do 3 ao 10 de maio de 2022 gracias ao programa Erasmus+. Cunha apertada axenda, as docentes visitaron Abano terme cos obxectivos de coñecer as técnicas hidrotermais utilizadas na zona, así como os tratamentos estéticos en auxe e máis demandados polo turismo termal, ademais de establecer contacto con diferentes empresas para que o alumnado poida facer alí a FCT.

Tiveron como anfitrión a o Dr. Fabrizio Caldara, director do Centro de Investigacións de Estudos Termais de Abano (Centro Studi Termali Pietro D'Abano). Este centro ten como finalidade a investigación científica no campo da medicina termal e a bioloxía, o estudo e a promoción de actividades relacionadas co termalismo en todas as súas manifestacións e en todos os campos de aplicación terapéutica e científica. Además, controla e asesora a os más de 100 hoteis/balnearios da zona de Abano Terme. Gracias a o Dr. Caldara puidemos visitar as aulas da Universidad de Padua, onde se imparten as materias relacionadas cos estudios de hidrotermalismo e participar nalgún dos eventos conmemorativos do 800 aniversario que este ano se cumpre.

Gracias á axuda do Centro de Estudios Termais Pietro D'Abano, puidemos coñecer de primeira man o funcionamento, instalacións e tratamentos de 5 hoteis-balneario. Entre as actividades realizadas aprenderon o proceso de maduración dos fangos termais, a súa aplicación e indicacións, ademais de técnicas estéticas punteiras no sector. Tamén visitaron e se mergullaron na piscina termal máis profunda do mundo, chamada Y-40 e comprobaron as características da súa agua termal e viviron unha experiencia de ser hóspedes por un día no Abano Ritz, un antigo balneario de 5 estrelas. Na parte cultural da viaxe, visitaron dous museos importantes para a súa actividade docente na rama de Imaxe Persoal, como son o Museo do termalismo e o Museo do Calzado.

Por último, as profesoras compartiron as súas experiencias e os contactos obtidos co resto do departamento nunha xornada informativa.