Enviado por admin o Sáb, 28/05/2022 - 09:30
A pasada semana, a nosa coordinadora de Proxectos Internacionais, Patricia González, viaxou a Holanda para un job-shadowing dentro dun proxecto Erasmus+ da Consellería de Educación.
Durante a súa visita tivo a oportunidade de visitar o grupo VDL, o séptimo en volume de ventas en toda Holanda, que se dedica á electrificación de camións e autobuses, mecanizado e montaxe de vehículos, entre outros. Este grupo ten unha gran demanda de persoal en sectores tecnolóxicos, no que encaixan perfectamente o noso alumnado dos ciclos de Informática.
Ademais, tiveron a ocasión de visitar o Summa College onde tamén se imparten ciclos formativos e onde teñen sede varias empresas no propio campus para que o alumnado realice prácticas mentras estuda.
Esta viaxe serviu para fortalecer os lazos que nos unen e así poder levar a cabo futuras colaboracións, como o envío de alumnado para realizar alí a súa FCT.
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License