Enviado por admin o Xov, 16/06/2022 - 20:05
O pasado mes de maio a nosa compañeira Vanesa Resúa realizou unha mobilidade Erasmus+ KA101 a Helsinki, Finlandia, dunha semana de duración. Consistiu, por unha banda, nun curso de 25 horas de formación “Effective pedagogies for 21st-Century Learning”, onde se abordaron as distintas estratexias pedagóxicas asentadas na atención á diversidade, e na formación para a igualdade de oportunidades, nunha sociedade da que ninguén pode quedar excluído. Paralelamente, puido coñecer as bases do sistema educativo finés, modelo de éxito en Europa. Xunto con isto o coñecemento da cultura e do país formou parte tamén da experiencia.
Ademais, e como membro do equipo PLAMBE do centro puido visitar a biblioteca Oodi, empregada internacionalmente como modelo de estudo na construción de bibliotecas do futuro, información compartida cos compañeiros e compañeiras que integran o grupo da nosa biblioteca “Rosalía de Castro”. Así mesmo, e como parte da difusión da experiencia, está creada un curso na aula virtual do IES de Teis con toda a información e realizarase unha xornada para compartir a aprendizaxe cos compañeiros e compañeiras que así o desexen. Magnífica experiencia!!!
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License