Skip to main content

Erasmus+ sobre Neurociencia aplicada á educación

<br />
    Erasmus en Gante

O pasado mes de novembro a nosa compañeira Vanesa Resúa desenvolveu unha experiencia Erasmus+ na cidade de Gante, Bélxica.

Nesta ocasión, ademais de coñecer outros xeitos de exercer a nosa profesión, na interacción con docentes de diversos lugares de Europa, tivo a inmensa fortuna de ter como profesora a Veerle Ponnet experta en neurociencia aplicada á educación. Foi incrible descubrir, que xa está demostrado o que intuíamos, que co aburrimento non hai aprendizaxe, que o cerebro reacciona de xeito positivo a un sorriso e que a capacidade de concentración máxima cerebral non supera os 20 minutos... Ciencia e educación, é posible mellor combinación?

A aprendizaxe de moitas aplicacións que permiten mellorar a aproximación ao noso alumnado e a experimentación con moitas delas foi fascinante.

Grazas Veerle polo teu xeito de entender a educación e por compartir os teus coñecementos con outros docentes para que tamén o sexamos.


 

Galería de imaxes do evento

Erasmus en Gante Erasmus en Gante Erasmus en Gante Erasmus en Gante

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License

O IES de Teis coas mulleres iranianas