Skip to main content

Experiencia Erasmus+: Flipped classroom

<br />
    Flipped Classroom and Remote Education: Following Finland

Na segunda semana do mes de agosto a profesora Patricia González Pardo, realizou un curso dentro do programa KA101 de Erasmus+ titulado “Flipped Classroom and Remote Education: Following Finland”, no que se viron os fundamentos e ferramentas coas que se pode realizar unha clase ao revés.

Ademais puido asistir a unha moi interesante charla dada pola profesora Niina Väntänen da High School Kallio, onde explicou os fundamentos e mellores prácticas na aprendizaxe a distancia. Esta escola é moi recoñecida por ser unha das poucas nas que se pode facer estudos de arte no bacharelato. Achegamos un documento en inglés da súa presentación onde se pode ter unha visión do que significar estudar en Finlandia.

 

Galería de imaxes do evento

Flipped Classroom and Remote Education: Following Finland Flipped Classroom and Remote Education: Following Finland

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License

O IES de Teis coas mulleres iranianas