Skip to main content

Erasmus+ en Budapest

<br />
    Eramus+ Budapest

A semana do 24 de outubro tiven a oportunidade de desfrutar dunha bolsa Erasmus+ dentro do noso proxecto KA-101. Grazas a ela viaxei a Budapest para facer o curso "Integrative STEAM education at schools".

Neste curso coincidín con profesorado do IES Las Lagunas, de Mijas (Málaga) e do Liceo Scientifico Statale "F. Vercelli", de Asti (Italia). Xuntos exploramos as posibilidades de crear proxectos STEAM (Science, Technology, Engineering, Arts and Maths) integrando contidos das diferentes materias e tamén valoramos os beneficios deste tipo de proxectos e a súa importancia na motivación e autonomía do alumnado.

Ademais, tiven a oportunidade de intercambiar experiencias con outros docentes que estaban seguindo outros cursos na mesma cidade, practicar inglés e coñecer Budapest e parte da historia de Hungría do século XX. Incluso puiden comprobar o bo funcionamento da Tarxeta Sanitaria Europea e experimentar por min mesma o funcionamento da sanidade húngara, por sorte, sen maiores consecuencias.

Volvo a Vigo encantada coa experiencia e desexando repetir, porque cada experiencia Erasmus cambia a túa forma de pensar e queda marcada na túa memoria para sempre.

Marta Rey López
Departamento de Informática

 

Galería de imaxes do evento

Eramus+ Budapest Eramus+ Budapest Eramus+ Budapest Eramus+ Budapest Eramus+ Budapest

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License

O IES de Teis coas mulleres iranianas