Skip to main content

Visita a Universidade Barleti (Albania)

Erasmus Albania

Na semana do 8 ao 14 de maio o secretario e membro do equipo directivo do IES de Teis, Juan Carlos Pérez, xunto con profesores do IES de Senia de Valencia, IES do Lago de Madrid e o centro Daniel Castelao de Vigo, socios do consorcio dentro do programa KA107 liderado polo noso centro, visitaron diferentes centros educativos e institución empresariais de Albania.

Entre os centros académicos visitados están a Universidad Barleti de Tirana, unha das institucións albanesas de ensinanza superior máis destacadas da capital albanesa, e os centros de formación profesional da rama de Informática: Shkolla Teknike Elektrike "Gjergj Canco" e a Skolla Merme Profesional Hermann Gmeiner. Neste caso estiveronse tratando diferentes propostas de cooperación de cara a futuros proxectos de movilidade.

No ámbito empresarial, leváronse a cabo visitas a empresa Ritech Solutions, de orixe canadiense, adicada ao desenvolvemento de solucións IT con máis de 250 traballadores. Tamén se levou a cabo unha visita a ICTS Lab, neste caso adicada a formación on-line na rama de Informática tanto para estudiantes como traballadores en activo.