Skip to main content

Probas escritas colectivas e as orais individuais do DELF scolaire

Os días 25 e 26 de abril e 3 de maio pasados, celebráronse as probas escritas colectivas e as orais individuais do DELF scolaire de Vigo no noso centro.

O IES de Teis foi designado pola Consellería de Educación no curso 2016-17 centro acreditado para a obtención do DELF escolar colaborando coa Alianza Francesa de Vigo. As probas realizáronse no noso centro, coa participación do departamento de francés do mesmo, fora do horario escolar.

Os alumnos dos centros públicos de Galicia poden dende o curso pasado obter os diplomas DELF (Diplôme d'Études en Langue Française) que son os diplomas oficiais de lengua francesa con validez indefinida expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia e reconocidos internacionalmente por 174 países. O DELF integra 4 diplomas independentes entre sí correspondentes aos niveis A1, A2, B1ey B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).

Os nosos alumnos recibiron unha preparación específica nas clases de francés. Neste ano presentáronse catro alumnos ao nivel A2, seis ao B1 e un ao B2.

Erasmus+