Enviado por admin o Mér, 18/10/2023 - 22:46
Co gallo do Día das mulleres escritoras celebrado esta semana, tivemos a honra de levar a cabo no IES de Teis a presentación do libro Eva e Lucy da nosa compañeira do Departamento de Informática e xa xubilada, Cris Pavón. Esta actividade foi organizada polo Grupo de Igualdade e Diversidade do centro xunto co equipo da Biblioteca, nun magnífico evento conducido por Marta Rey compañeira de departamento da nosa convidada. Nesta media hora puidemos achegármonos á súa traxectoria como escritora, coñecer o porqué das varias obras que xa leva publicadas, e compartir con ela a súa visión do mundo como muller dende as ciencias e a tecnoloxía, así como a súa perspectiva feminista e de loita permanente pola igualdade. Antes da presentación, Cris accedeu encantada a facer unha entrevista en RadioTeis da man de dous dos seus ex-alumnos, Lucas e Efrem.
Grazas por ter compartido todo isto con nós. Agardámoste para o vindeiro libro, nesta que é a túa casa.
Eva e Lucy da editorial Galaxia. Gozade coa lectura!
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License