Skip to main content

11 de outubro – Día para saír do armario

Día 11 de outubro

Cada 11 de outubro celébrase o Día para Saír do Armario ou do Closet, tamén coñecido como National Coming Out Day, para concienciar á sociedade sobre os dereitos humanos do colectivo LGBTIQ+. Como a LGBTIfobia promove unha atmosfera de silencio e negatividade contra o colectivo, este día pretende promover a liberación dos membros do colectivo que saen do armario. Dende o IES de Teis defendemos que aquelas persoas que o consideren e se sintan seguras saian do armario se queren, cando queiran e como queiran. No noso IES encántannos todas as cores e queremos que toda a comunidade educativa se sinta segura para mostrar as súas se así o deciden. O Coming Out Day comezou en 1988 nos Ánxeles (Estados Unidos) grazas a Jean O’Leary e a Robert Eichberg, ámbalas dúas persoas pertencentes ao colectivo LGBTIQ+ de maneira aberta, que querían manter un enfoque positivo fronte a negatividade e LGBTIfobia que se vivía neses intres, fomentando a celebración do día da saída do armario como enfoque positivo e liberador. Como data para saír do armario elixiuse o 11 de outubro por seren o aniversario da Marcha Nacional de 1987 en Washington DC para pedir ante o Congreso e o Goberno dos Estados Unidos igualdade de dereitos para o colectivo LGBTIQ+. O grupo de igualdade e diversidade do centro creou tres pósters para conmemorar esta efeméride ademais de crear un expositor ou stand para dar visibilidade, apoiar ao colectivo LGBTIQ+ , sensibilizar e reivindicar a diversidade afectivo-sexual e promover e favorecer valores como a igualdade, o respecto e a tolerancia, fomentar a igualdade de dereitos e loitar contra e eliminar todo tipo de discriminación, intolerancia e LGBTIfobia por mor da orientación ou identidade sexual. Feliz 11 de outubro!

 Bibliografía empregada para a historia da efeméride:

“Día para salir del armario”, 2023 en Wikipedia
https://es.wikipedia.org/w/index.php?title=D%C3%ADa_para_salir_del_armario&oldid=153387951

Imaxes

Día 11 de outubro Día 11 de outubro Día 11 de outubro Día 11 de outubro Día 11 de outubro Día 11 de outubro Día 11 de outubro Día 11 de outubro

 
 
 

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License