Skip to main content

Día Internacional dos Dereitos Humanos

Día internacional dos dereitos humanos 2021

O día 10 de decembro o IES de Teis conmemorou o Día Internacional dos Dereitos Humanos.

Realizouse unha exposición no corredor principal do centro, onde o alumnado de todos os niveis educativos, puido presentar todos os traballos que se realizaron nas distintas materias sobre esta temática.

Asemade, elaborouse un vídeo (que podedes ver aquí), que se proxectou na pantalla da entrada principal, no cal participou unha representación da comunidade educativa.

Por outra banda, desde a biblioteca se levou a cabo un obradoiro de bolas de nadal, que cada unha leva escrita unha palabra e unha imaxe relacionada cos dereitos humanos.

Esta conmemoración prolongouse unha semana, amosando que o IES de Teis está comprometido na loita en prol do respecto aos Dereitos Humanos.

 

Galería de imaxes do evento

Día Internacional dos Dereitos HumanosDía Internacional dos Dereitos HumanosDía Internacional dos Dereitos HumanosDía Internacional dos Dereitos HumanosDía Internacional dos Dereitos HumanosDía Internacional dos Dereitos HumanosDía Internacional dos Dereitos HumanosDía Internacional dos Dereitos HumanosDía Internacional dos Dereitos HumanosDía Internacional dos Dereitos HumanosDía Internacional dos Dereitos HumanosDía Internacional dos Dereitos HumanosDía Internacional dos Dereitos HumanosDía Internacional dos Dereitos HumanosDía Internacional dos Dereitos HumanosDía Internacional dos Dereitos HumanosDía Internacional dos Dereitos Humanos

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License

Todos os días deberían ser o día contra a Violencia de Xénero