Skip to main content

DELF

O IES de Teis está vinculado a un centro oficial acreditado polo CIEP -Centre International d’Études Pédagogiques- das Alianzas Francesas de Galicia (A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo) que conta con profesorado con formación pedagóxica específica e habilitado oficialmente como examinador e corrector do DELF.

As probas do DELF escolar, que son os diplomas oficiais de lengua francesa expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia e recoñecidos internacionalmente por 174 países lévanse a cabo no noso centro para os alumnos da área de Vigo dende hai dous cursos.

A convocatoria é anual e para o curso 2018/2019, tivo lugar no noso centro nas seguintes datas:

PROBAS ESCRITAS (COLECTIVAS)

  • DELF Scolaire A2 Luns 29 de abril 17.00 a 18.40
  • DELF Scolaire B1 Martes 30 de abril 17.00 a 18.45
  • DELF Scolaire B2 Luns 29 de abril 17.00 a 19.30

PROBAS ORAIS (INDIVIDUAIS)
entre o mércores 24 de abril e o venres 17 de maio.

Os resultados das probas publicaránse en xuño de 2019 e enviaránse por correo electrónico ós responsables de cada centro. A secretaría de cada centro recibirá os diplomas do alumnado do seu centro nun plazo aproximado de tres meses dende a publicación dos resultados.

Os alumnos que queirades presentarvos ás mesmas para vindeiros cursos podedes entrar en contacto con Ana Mauriz Digón, a xefa do seminario de francés do centro.

Neste enlace poderedes acceder a máis información relacionada co DELF Escolar: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/circular_delf_escolar_galicia_2019.pdf