Séguenos nas redes sociais: Facebook Teis

Criptomonedas no IES de Teis

Cartaz criptomonedas

Onte, mércores 25 de novembro tiveron lugar dúas charlas tituladas Criptomonedas no salón de actos.

O departamento de informática organizou estas charlas para as quendas de ordinario e de adultos. Acudiu todo o alumnado de informática do centro.

Falouse a reo sobre bitcoin, a súa tasación, como se fai minería e os conceptos básicos asociados.

O alumnado participou con moitas preguntas o que denota o nivel de interese que espertou.

As charlas foron impartidas por Miguel de Miguel e Antonio Vázquez