Enviado por admin o Mér, 15/11/2023 - 10:51
Foi un pracer recibir novamente a Samuel Mountmounnjou no noso instituto. O pasado venres 10 de novembro, o alumnado da ESO pasouno en grande escoitando contos africanos e interactuando co contacontos, cantando ou ben repetindo con moito entusiasmo Hahula hula.
Puideron ser os protagonistas das historias do elefante ou ben do can que non é máis que unha representación da vida mesma. Así que todos estes animais déronnos boas leccións entre tantas, que tiñamos que aprender a escoitar aos demais e que, ás veces perdiamos demasiado tempo en cousas que non merecen a pena e esquecémonos das cousas realmente valiosas.
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License